"A caída dos castelos" Que foi a Guerra Irmandiña?

Full Transcript — Download SRT & Markdown

00:18
Speaker A
Digamos que os irmandiños foi un auténtico vendaval, un centenar largo de fortalezas derribadas, non?
00:26
Speaker B
O movemento irmandiño é un movemento antiseñorial e a burguesía, os cidadáns, os que dirixen as irmandades.
00:33
Speaker A
Os irmandiños armados soamente con fouciños e fouces, é moi romántica, pero basicamente irreal.
00:43
Speaker C
Querían acabar cun sistema político que consideraban inxusto.
00:57
Speaker A
Nós consta documentalmente o apoio de Enrique IV á Xunta Irmandiña.
01:02
Speaker D
Boa parte da igrexa ponse de lado da do movemento, non?
01:49
Speaker A
As lealtades non eran tales e os cambios de bando eran permanentes.
01:59
Speaker C
O Castelo de Vimianzo foi construído no século XIII e pertenceu a familias tan relevantes na historia de Galicia coma a dos Trava, era propiedade dos Moscoso cando foi asaltado polos irmandiños en 1467.
02:14
Speaker C
Vimianzo.
02:28
Speaker C
A caída dos castelos.
03:23
Speaker E
A caída dos castelos en Galicia a finais do século XV é algo moi ilustrativo, mesmo poético, non?
03:33
Speaker E
E temos Galicia como un campo de ruínas pedregosas e de castelos caídos.
03:43
Speaker F
Os castelos representan o poder dunha aristocracia, dunha nobreza territorial e desde os castelos exercen o seu poder físico e o seu poder simbólico.
03:58
Speaker F
A perspectiva que teñen os irmandiños é distinta, é a dun estado máis moderno dirixido desde as cidades.
04:06
Speaker E
Non querían substituír unha nobreza por outra nin establecerse eles propios como poderosos, senón erradicar un sistema nucleado arredor dos abusos feudais que consideraban inxusto, non?
04:18
Speaker E
E querían que o conseguirían destruíndo os castelos.
05:07
Speaker A
En algúns se estivo falando ata 80.000 homes, non? É dicir, estamos falando dunha revolta de grandes dimensións, verdade?
05:39
Speaker C
Este castelo de Vimianzo foi destruído polos irmandiños en 1467.
05:50
Speaker C
Por que os irmandiños asaltaron e derrubaron este castelo de Vimianzo?
05:53
Speaker G
Pois, eh, de feito non se sabe exactamente como foi.
06:00
Speaker G
E se foi un un derrubamento, se foi un ataque fero ou se foi simplemente que chegaron por aquí e os soldados pois non ofreceron moita resistencia.
06:09
Speaker G
Non se sabe realmente como foi ese asalto.
06:13
Speaker G
Aparece citado na no pleito da Tabera Fonseca que o Castelo de Vimianzo foi un dos atacados polos irmandiños.
06:20
Speaker G
Pero ata aí podemos saber, non?
06:59
Speaker C
A chamada Gran Guerra Irmandiña está considerada unha das maiores revoltas europeas do século XV, os irmandiños para poñerlles fin aos abusos dos señores decidiron acabar co símbolo do poder señorial, os castelos.
07:16
Speaker E
Eu creo que as guerras irmandiñas en conxunto encádranse nun contexto baixomedieval que acumula unha serie de condicionantes, a peste, as fames, os abusos nobiliarios e a violencia.
07:31
Speaker E
Que son comúns a toda Europa, non?
07:33
Speaker A
Un período fundamentalmente violento.
07:39
Speaker A
Se suceden situacións complicadas de crise.
07:45
Speaker A
Desde malas colleitas, a peste.
07:50
Speaker A
E, naturalmente, os abusos señoriais, non?
08:30
Speaker F
O movemento irmandiño é un movemento antiseñorial no sentido de que pretende minar, reducir ou polo menos limitar o poder dos señores dos castelos.
08:39
Speaker F
Esta nova nobreza, Ulloa, Sarmento, Soutomaior, van a querer expandir o seu poder e en gran parte á costa das cidades.
08:51
Speaker F
As cidades van a chocar coa aristocracia, coa nobreza e co clero, van a chocar porque queren crear espazos de poder propio municipal.
09:07
Speaker F
Mentres que nobreza e clero o que queren é introducir o seu poder dentro das propias cidades.
09:13
Speaker F
Entón hai aquí un choque de fondo.
09:16
Speaker F
E logo hai un precipitante que é a guerra.
09:22
Speaker F
Que estes señores van emprender contra o rei.
09:28
Speaker F
Concretamente contra Enrique IV.
09:30
Speaker A
Nós consta documentalmente o apoio de Enrique IV á Xunta Irmandiña.
09:35
Speaker F
Enrique IV apoia as cidades e nas cidades se constitúen as irmandades que apoian o rei.
09:42
Speaker F
E este sería o precipitante que crea o gran levantamento de 1467.
10:06
Speaker C
Eu son de Vimianzo e participo desde hai moitos anos na festa do asalto irmandiño ao castelo.
10:15
Speaker C
Sempre o fixen vestida de campesiña.
10:20
Speaker C
E sempre pensei que campesiños eran a maioría dos que o asaltaron.
10:40
Speaker F
O movemento irmandiño é un movemento urbano.
10:46
Speaker F
Temos que borrar da nosa mente esa imaxe de labregos armados de fouciños e tal asaltando os castelos.
10:55
Speaker F
Non é así.
10:56
Speaker D
É moi romántica, pero basicamente irreal, se se pensa con un pouco de de mesura histórica, digamos, de sentido común.
11:06
Speaker F
É a burguesía, son os cidadáns os que dirixen as irmandades.
11:56
Speaker C
Hoxe sei que o movemento irmandiño naceu nas cidades e non no campo, e nela había xente de tódolos sectores interesados en acabar coa sociedade feudal, que tiña os castelos como símbolos do seu poder.
12:11
Speaker D
A realidade é que, tendo en conta que se trataba dun movemento eh transversal socialmente, implica que boa parte dos cabaleiros da Galicia, eses dous cabaleiros de condición mediana, estaban eh integrados.
12:25
Speaker D
E quen eran os líderes do movemento irmandiño?
12:30
Speaker D
Eran tres nobres de segunda de segunda fila, non?
12:33
Speaker D
Con formación cabaleiresca e, polo tanto, os dirixentes militares do movemento.
12:39
Speaker A
Tódolos caudillos irmandiños eran tódolos cabaleiros.
12:42
Speaker A
O clero e os prebendados, non?
12:44
Speaker A
E ademais non eran cabaleiros escuros.
12:50
Speaker A
E logo os os caudillos irmandiños, os caudillos locais eran todos cabaleiros hidalgos.
12:58
Speaker A
E coñecemos os seus nomes, ademais.
13:00
Speaker A
E nalgúns casos coñecemos as causas de por que.
13:47
Speaker C
Sabes o nome dalgún líder irmandiño que dirixira esa revolta na primavera de 1467?
13:53
Speaker G
De nalgúns irmandiños, de líderes, si.
13:57
Speaker G
Aquí en Vimianzo non, pois non sabemos exactamente que que irmandiño.
14:00
Speaker G
Se había algún irmandiño en Soneira.
14:02
Speaker G
O certo é que entre os irmandiños non había só nomes anónimos do pobo, de campesiños e demais, senón que realmente había nomes propios e algúns incluso ligados co propio Castelo de Vimianzo.
14:18
Speaker G
É curioso que aquí en Vimianzo resulta que o cuñado do propietario do castelo, que era naquel momento Bernal Sánchez de Moscoso, pois era tamén un líder irmandiño na zona de Santiago.
14:30
Speaker G
O que se chamaba Pedro Osorio.
14:31
Speaker G
É dicir, realmente había moitos nobres interesados tamén na revolta.
14:40
Speaker G
Co cal o mito de de que é soamente o pobo, os os probes, os escravos, os que se levantan contra os señores.
14:46
Speaker G
Realmente historicamente pois non é tan así.
15:15
Speaker C
A maioría dos líderes militares dos irmandiños pertencían a familias nobres, os Moscoso, os Osorio, Lemos, Lanzós.
15:25
Speaker C
Este feito mostra a complexidade de entender quen era quen naquela guerra.
15:34
Speaker F
A nobreza, a alta nobreza, tanto eclesiástica como como a nobreza laica, ou sexa, tanto condes como bispos e arcebispos, van a sublevarse contra Enrique IV.
15:47
Speaker F
Que ocorre?
15:50
Speaker F
Que en Castela dominan a situación.
15:56
Speaker F
E Enrique IV é o gran perdedor en Castela.
16:00
Speaker F
E vai acabar cedendo ante os nobres.
16:03
Speaker F
Pero en Galicia, o feito de que as cidades apoien a Enrique IV, fai que a nobreza galega non conte con esa baza.
16:13
Speaker F
E Fonseca, que está á cabeza, o arcebispo de Santiago, fuxe e se refuxia en Portugal.
16:19
Speaker F
O conde de Lemos tamén escapa e se marcha para Ponferrada, escapa.
16:25
Speaker F
Pero hai nobres que quedan aquí en Galicia e aínda que sabemos que non son favorables aos irmandiños, porque son inimigos de Enrique IV, momentaneamente van a ceder ante a situación e van a dicir que eles están a favor de todo isto e incluso entran na irmandade.
16:46
Speaker F
Porque se non se afilian á irmandade, signifícanse como inimigos do rei.
16:52
Speaker F
E entón van a sufrir o ataque das irmandades.
16:55
Speaker F
E porque ademais seguramente pensan que van a salvar os seus castelos.
17:02
Speaker F
Se eu entro na irmandade, a min non me van a tirar os castelos.
17:04
Speaker F
Sen embargo, as irmandades ocúpanlles os castelos e llos tiran contando co permiso e incluso coa orde de Enrique IV.
17:06
Speaker F
Entón atopamos membros da nobreza condal galega que se afilian á irmandade dunha maneira oportunista.
17:15
Speaker A
As lealtades non eran tales e os cambios de bando eran permanentes.
18:49
Speaker C
Parece claro que por unha razón ou por outra todo o mundo estaba do lado dos irmandiños, quitado a gran nobreza laica e o daquel arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca nunca cambiou de bando e sempre tivo moi claro que os irmandiños eran os seus inimigos.
19:02
Speaker C
Cando foi e canto durou o asalto ao Castelo de Vimianzo?
19:06
Speaker G
Pois o propio asalto irmandiño, como xa digo, é imposible sabelo.
19:12
Speaker G
De momento non apareceu un documento que certifique cando se fixo o propio asalto ao Castelo de Vimianzo.
19:20
Speaker G
Pero, como digo, había momentos nos que os castelos realmente tiñan uns soldados ao mellor insuficientes para atender as necesidades defensivas do castelo.
19:33
Speaker G
Entón realmente simplemente se rendían ou ou deixaban que que o propio pobo se apoderase del.
19:38
Speaker G
Ou simplemente quedaba abandonado.
19:40
Speaker G
E puido ser o caso do de Vimianzo, porque realmente despois a súa reconstrución foi bastante rápida.
19:50
Speaker G
Así que non puido quedar moi tocado, non puido quedar totalmente arrasado.
19:55
Speaker G
Porque senón era imposible unha reconstrución tan rápida.
20:15
Speaker C
Sabes se o nome dalgún líder irmandiño que dirixira esa revolta na primavera de 1467?
20:19
Speaker G
Aí houbo un pouco de mal rollo entre o arcebispo de Fonseca e o señor Moscoso daquel momento.
20:25
Speaker G
Que era Bernal Eáns de Moscoso.
20:27
Speaker G
Resulta que Bernal, unha vez que este bispo chega ao á Catedral de Santiago, se nomea arcebispo, el esperaba que lle deran un cargo de importancia na cidade, que era o de pertigueiro maior da Terra de Santiago.
20:42
Speaker G
Pois resulta que el non só non lle dá ese cargo a Bernal, senón que o empeza a tratar un pouco, a tratalo de lado.
20:45
Speaker G
E isto vaino enfadar moito e por iso no medio dunha noite, cando estaba o bispo durmindo en Noia, préndeo polas barbas e dunha patada méteo nunha gaiola.
20:55
Speaker G
E ata aquí en Vimianzo din que o tivo preso nunha cheminea.
20:59
Speaker G
Durante dous anos secuestrado estivo ata pouco antes da, precisamente, das Guerras Irmandiñas.
25:03
Speaker C
A toma e o derrocamento das fortalezas foi moi rápida na primavera de 1467, os irmandiños, co apoio do rei Enrique IV, fixéronse co control total de Galicia en moi pouco tempo.
25:20
Speaker A
Enrique IV dá por ben feito o derribo das fortalezas, a xuración e o apoio, non?
25:29
Speaker F
Unha mobilización xeneralizada dos concellos urbanos, dunha gran parte da da da pequena nobreza galega e do campesiñado, conseguen unha vitoria evidentemente.
25:38
Speaker F
No ano 1467 ocupan os castelos, os os derrocan e durante o ano 1467, 1468 e ata o 69 dominan, fanse co dominio de Galicia.
25:50
Speaker F
Galicia durante ese período pasa a ser unha especie de república coroada na que a nobreza perdeu o seu poder.
26:46
Speaker C
Por dous anos Galicia foi unha especie de república con rei, pero a sorte dos irmandiños empezou a torcerse cando perderon o apoio do monarca por motivos de alta política.
26:58
Speaker F
Pero que ocorre no ano a partir de finais do 68?
27:04
Speaker F
Pois que Enrique IV ten que ceder ante a nobreza.
27:10
Speaker F
E entón a nobreza acepta mantelo no poder sempre que el ceda en certas condicións, unha delas é pasarlle a coroa cando morra, pasarlle a coroa en herdanza á súa propia irmá, que será Isabel a Católica.
27:30
Speaker F
O rei ríndese ante a nobreza, cede.
27:35
Speaker F
E entre isto, as desavinzas internas que se producen no bando irmandiño, porque parece ser, parece ser, que esa nobreza de cabaleiros, de fidalgos, deserta das irmandades, se produce unha crise interna no movemento da irmandade, no no propio bando irmandiño e desde Portugal fundamentalmente e tamén desde Castela, os nobres volven a Galicia con poder militar e acaban derrotando a resistencia dos irmandiños.
28:48
Speaker C
Que pouco dura a alegría na casa do pobre, non sei de onde vén o refrán, pero ben se lles podía aplicar aos irmandiños.
28:55
Speaker C
Aínda que non todos fosen pobres.
29:01
Speaker A
Digamos que os irmandiños foi un auténtico vendaval, pero igual que viña a calma.
29:06
Speaker A
A calma entre comiñas.
29:08
Speaker A
É dicir, os señores volveron á situación anterior.
29:10
Speaker F
Os señores volven e recuperan o seu poder, sen dúbida ningunha.
29:15
Speaker F
E entón van a intentar reconstruír os castelos.
29:20
Speaker F
Unha parte van a ser restaurados, reconstruídos, non todos, pero algúns son restaurados.
29:25
Speaker A
Digamos que a rebelión irmandiña non supón un punto e aparte en nada.
29:30
Speaker A
É simplemente, bueno, desaparecen unhas fortalezas.
29:35
Speaker A
Moitas delas se constrúen, ademais.
29:37
Speaker A
O escenario, digamos, de 1450, 1460 e de 1470 é practicamente o mesmo.
30:37
Speaker C
Despois da derrota, os historiadores sosteñen que non houbo unha represión forte sobre os irmandiños, porque actuaran no nome do rei Enrique IV, que aínda que fose debilitado, seguía sendo rei.
30:49
Speaker C
Séguese discutindo se a Gran Guerra Irmandiña foi unha simple rebelión contra os abusos señoriais ou unha auténtica revolución para acabar cunha época histórica.
31:45
Speaker E
Creo que existe certo debate arredor de sobre se foi algo conxuntural, é dicir, unha revolta máis de entre todas as revoltas baixomedievais que hai, simplemente contra os abusos nobiliarios do momento, ou se foi en realidade unha revolución no sentido de un movemento que buscaba un cambio radical do sistema político e económico.
32:07
Speaker E
Eu creo que o feito de que se se decantase pola destrución dun grande número de castelos, nos leva a esta segunda interpretación, non?, de que esta eh revolución de 1467 non foi algo conxuntural no marco das guerras civil ou no marco de un enfado puntual por abusos nobiliarios, senón que tiña uns obxectivos grandes de mudanza de sistema, non?
32:30
Speaker F
Si que foi unha revolución de amplo, moi amplo espectro, porque abranguéu a todo o Reino de Galicia, mentres que noutros lugares de Europa os movementos foron moito máis localizados e de duración moito menor.
33:25
Speaker F
É difícil atopar na Europa dese momento un movemento que reuna estas características e que tivese un éxito tan sinalado como tivo o movemento irmandiño en Galicia, mentres, mentres conseguiu manter o poder.
33:45
Speaker C
Os castelos máis espectaculares que quedan hoxe en Galicia, menos o de Pambre, todos foron reconstruídos tras a derrota irmandiña.
33:56
Speaker C
Pero os que se volveron levantar, coma este de Vimianzo, representan unha parte mínima dos derrubados.
34:01
Speaker C
Quen dirixiu a reconstrución do castelo?
34:03
Speaker G
Pois aí tamén hai líos na documentación, porque non se sabe se foi a familia Moscoso.
34:10
Speaker G
Ou se foi realmente o arcebispo, precisamente, o arcebispo Alonso de Fonseca.
34:15
Speaker G
Quen estivera aquí preso, que unha vez que retoma o poder na na cidade de Santiago, pois decide que todo o que está na diocese de Santiago, as fortalezas e demais, pois quere as conquistar para el.
34:28
Speaker G
Evidentemente, Vimianzo, con saídas ao mar moi próximas.
34:30
Speaker G
Era moi interesante.
34:32
Speaker G
O certo é que ao final, entre uns e outros andou esa reconstrución e foi moi curioso un momento no que os Moscoso si que van retomar, si que van a a reconquistar o Castelo de Vimianzo cunha batalla que dura un só día e unha parte en Galicia é das poucas historias de asaltos que temos no que os as tropas dos Moscoso conseguen subir as murallas e un dos seus soldados baixar ao patio e desde o patio abrir as portas desde dentro para que entraran as tropas dos Moscoso a pois en banda e así tomar a a fortaleza nun só día, case nunha propia mañá.
35:45
Speaker C
A finais do século XV, a Idade Media quedaba atrás.
35:52
Speaker C
E no novo estado centralizado, os castelos quedaban sen función política.
35:56
Speaker F
Cando veñen os Reis Católicos.
36:00
Speaker F
E e e se vai a constituír o que vai ser o chamado Estado Moderno.
36:07
Speaker F
Estado autoritario, Estado Moderno, as novas monarquías da Idade Moderna.
36:12
Speaker F
Pois os castelos en Galicia tampouco teñen unha unha función política desde a perspectiva dos Reis Católicos.
36:24
Speaker F
Que vai ocorrer cos castelos, porque moitos quedan en ruínas, moitos foron derrocados a partir dese momento, precisamente polos Reis Católicos, que ordenan a destrución de moitas desas fortalezas.
36:40
Speaker F
Porque saben que os nobres ou ben son declaradamente inimigos deles, como Soutomaior, Pardo de Cela, Condes de Lemos.
36:47
Speaker F
Ou ben porque polo menos non son claramente favorables, entón para exercer o poder sobre Galicia, unha das medidas que se toma é prohibir a restauración de castelos destruídos ou construír castelos novos.
36:57
Speaker F
Ou derrocar os que xa existen.
37:36
Speaker C
Cando fomos á Frouxeira xa vimos que non queda case nin rastro do castelo do mariscal Pardo de Cela.
37:45
Speaker C
Hai discrepancias entre os historiadores sobre se foron os Reis Católicos os que deron a orde directa da súa execución.
37:54
Speaker C
No que si que hai coincidencia é en que a decapitación do mariscal foi un aviso para toda a nobreza galega con tentacións de rebeldía.
38:02
Speaker A
Fernanda Acuña executa Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos, non?
38:11
Speaker A
Executa Pardo de Cela porque considera que é oportuno a execución de Pardo de Cela.
38:19
Speaker A
Probablemente como un como unha actuación exemplarizante.
38:22
Speaker F
Parece moi claro que o mandaron decapitar.
38:27
Speaker F
Non se tomaba unha medida, un funcionario non adoptaba unha medida dese calibre.
38:32
Speaker F
E, por outra parte, non deixa de ser lóxico ese remate e que o mandasen executar, porque Pardo de Cela viviu un momento clave de cambio de época, de cambio de período.
38:42
Speaker F
Que era o paso dunha sociedade feudal fortemente señorializada, na que tiña un peso moi importante os señores territoriais, a outra que era preconizada e a levada adiante polos Reis Católicos.
39:00
Speaker F
Que significaba a a a fundamentación e a creación do chamado Estado Moderno, en que a nobreza, que non perde ningún poder económico nin social.
39:12
Speaker F
Sen embargo, pasa a a ser colaboradora directa da monarquía.
39:20
Speaker F
Polo tanto, a rebelión de Pardo de Cela significaba poñer en cuestión o o novo estado de cousas, a nova situación política.
39:32
Speaker F
Polo tanto, a súa morte tiña un papel de mostrar claramente por onde ían as cousas.
45:56
Speaker C
No derradeiro capítulo da serie viaxaremos polos principais castelos de Galicia, trataremos de saber algo da historia de cada un deles e das lendas que gardan as súas murallas.
46:50
Speaker C
Empezaremos a viaxe a poucos quilómetros de aquí, nas Torres de Mens, outro castelo dos Moscoso.
46:59
Speaker C
Nel tamén tiveron preso o arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca.

Get More with the Söz AI App

Transcribe recordings, audio files, and YouTube videos — with AI summaries, speaker detection, and unlimited transcriptions.

Or transcribe another YouTube video here →